OLGA GALLEGO

Olga Gallego Domínguez naceu en Ourense o 8 de decembro de 1923 e falleceu o 4 de setembro de 2010 aos 86 anos na mesma cidade.

Foi unha historiadora galega membro correspondente da Real Academia da Historia e a primeira muller en ser aceptada na Real Academia Galega.